Vagueando na Notícia


Participe do fórum, é rápido e fácil

Vagueando na Notícia
Vagueando na Notícia
Gostaria de reagir a esta mensagem? Crie uma conta em poucos cliques ou inicie sessão para continuar.

Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina

Ir para baixo

Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina Empty Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina

Mensagem por Vitor mango Dom Nov 08, 2009 11:42 am

Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina
Segundo o diario Haaretz, o Goberno israelí estaría ao tanto de conversas secretas entre o primeiro ministro Salam Fayyad e a a Casa Branca para proclamar o Estado Palestino respectando a liña verde de 1967

O Goberno israelí debátese entre a preocupación e a incredulidade por unha posíbel declaración de independencia de Palestina nos territorios ocupados por Israel durante a guerra de 1967, segundo revela o diario israelí Haaretz na súa edición dixital de hoxe. Un movemento que podería ser recoñecido pola Organización de Nacións Unidas e que tería sido o froito de conversas secretas entre o primeiro ministro palestino e a Casa Branca.

Segundo apunta o xornal, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, que hoxe manterá unha xuntanza en Washington con varias comunidades xudías, solicitou ao presidente norteamericano que impuxese un veto a esa declaración tan axiña como coñeceu a posibilidade de que se producise de mans de varios países europeos e altos funcionarios da Administración estadounidense.

A declaración unilateral de independencia para crear un Estado Palestino transformaría radicalmente a presenza e o despregamento de Israel dentro dos Territorios Ocupados. Mesmo en Xerusalén a parte este da cidade delimitada pola liña verde quedaría dentro de territorio palestino.

O pasado agosto Salam Fayyad presentou á comunidade internacional un plan a dous anos para poñer en funcionamento as institucións da Autoridade Nacional Palestina e mellorar as relacións institucionais e económicas con Israel. De acordo con Haaretz, nese plan habería cláusulas secretas nas que se estipularía unha declaración unilateral de independencia. Na parte revelada aos medios, porén, Fayyad xunto coa Liga Árabe proporía ás Nacións Unidas o recoñecemento da soberanía palestina nun prazo de dous anos sobre os territorios ocupados por Israel despois da guerra de 1967.

O primeiro ministro palestino tería recibido respostas positivas ao plan de varios países membros da Unión Europea entre os que se atoparían Reino Unido, Francia, España e Suecia e ningunha resposta negativa por parte da Administración Obama.

Recentemente, o primeiro ministro israelí transmitiulle á secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton, e ao seu enviado especial para Oriente Medio, George Mitchell, a demanda de Tel Aviv de que Estados Unidos non apoie o devandito plan e que o vete no Consello de Seguridade de Nacións Unidas no caso de que vaia adiante
Vitor mango
Vitor mango

Pontos : 117496

Ir para o topo Ir para baixo

Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina Empty Re: Netanyahu, preocupado pola posible declaración de independencia palestina

Mensagem por Vitor mango Dom Nov 08, 2009 11:47 am

Un movemento que podería ser recoñecido pola Organización de Nacións Unidas e que tería sido o froito de conversas secretas entre o primeiro ministro palestino e a Casa Branca.

Gosto disto
Em vez de misseís e missoes os judfeus teem agora que lutar com outras armas onde sao minoritarios ja que o MUNDO GLOBAL nao pode estar dependente dos EUA
Digamos que é salutar esta puxada da causa Palestina para a via diplomática
Vitor mango
Vitor mango

Pontos : 117496

Ir para o topo Ir para baixo

Ir para o topo


 
Permissões neste sub-fórum
Não podes responder a tópicos